Inicio Juan Benito
 
 

Directorio de poetas que escriben en Rima Jotabé



Rima Jotabé



Directorio de poetas que escriben en Rima Jotabé en lenguas diferentes al Español

Directorio de Poetas que escriben en rima Jotabé en español


Gallego

Gallego
 
 
ROSA MARÍA LORENZO
 
Poemas
 
Rosa María Lorenzo

Rosa María
Lorenzo

Vigo, Pontevedra (España)


Se tivese...

(Xotabé)


Se tivese os meus sentidos espertos
e a clara visión dos ollos abertos,

non sufriría esa fonda cegueira
moura de cinzas e escura xenreira
latexando na mente preguiceira
dos de lingua enganosa e borralleira.

Se tivese nos beizos un solpor
de verbas esgrimidas sen rancor,

pecharía os mordentes desacertos
nas fauces abertas e alma baleira
dos brancos cadaleitos ao redor.


(Poema ganador de una Mención de Honor del,
V Certamen Poético Internacional, Rima Jotabé)



Traducción a español

A pomba

(Xotabem con estrambote)


A branca pombiña morreu,
¡roubáronlle a terra de seu!

Ficou sen vento mareiro,
sen luz, sen lar no palleiro,
sen veiga, sen sol no outeiro…
¡ficou nun mundo estranxeiro!

O gris da pedra erixida
furtoulle o folgo da vida.

As fráxiles alas bateu
e enfrontando o nevoeiro
¡ficou de morte ferida!

¡Adeus, Vida!
Levo comigo a lembranza
e o xerme da esperanza.



O abó

(Xotabéa)


As súas mans curtidas de traballar na leira
posúen a dozura dos frutos da figueira.

En cada engurra inscrita no seu rostro eminente
latexan mil historias que conta ledamente.
Dos netos fachendoso, cos fillos exixente;
temido polos febles, querido pola xente.

Seus ollos son dous fachos que afastan a tristura
cando a feroz congoxa co medo se mestura.

E cando mingua o día, na noite silandeira,
escoita moi atento o auxe da semente
que preme por saír baixo da terra escura.
 
     
   
     
 
    Amigos conectados     Arriba